Rede de Asembleas de Barrios e Vilas da Coruña
| Rede de Asembleas de Barrios e Vilas da Coruña | |
| Sube una imagen libre de esta asamblea | |
| Datos básicos | |
| Estado | Inactiva |
| Ámbito | Sin datos [+] |
| Ubicación | |
| País | España |
| CC.AA. | Galicia |
| Provincia | Provincia de A Coruña |
| Municipio | Varios |
| Reuniones | |
| Lugar | Sin datos [+] |
| Día(s) | Sin datos [+] |
| Hora | Sin datos [+] |
| En la red | |
|
Sitio(s) web | Sin datos [+] |
| Mapa | |
| Sin datos [+] | |
A Rede de Asembleas populares de barrios e vilas da Comarca da Coruña está conformada por as asembleas activas na comarca de A Coruña, que se identifican e traballan en torno ás reivindicacións do Movemento 15M no eido político e socioeconómico. Estas asembleas funcionan de xeito autónomo, cada unha no seu ámbito de influencia. Ten como obxectivos analizar e desenvolver técnicamente as principais reivindicacións do Movemento, así como facilitar a divulgación á cidadanía.
A Rede traballa de xeito articulado para apoiar o impulso de novas Asembleas populares alí onde haxa veciños e veciñas interesadas en desenvolvelas. Un obxectivo común da rede é extender o Movemento 15M a nivel local, fomentando a participación cidadá nos asuntos que lles afectan directamente, así como a formación crítica a través de charlas e outras actuacións. Cremos que a transformación global precisa das actuacións que a cidadanía poida desenvolver desde o seu ámbito de influencia, tendo como marco de referencia unha análise global dos problemas sociais, económicos, medioambientais e políticos.
Así, a Rede de Asembleas tamén se articula para levar adiante accións, reivindicacións e plans de traballo, que trascenden o ámbito local, e sempre que cada unha das Asembleas aprobe as actuacións a desenvolver.